martes, 14 de abril de 2020

Repaso de ortografía: acentuación gráfica


Lembra que ademais do apartado de Ortografía da unidade 1 (páx. 25), tamén podes atopar informaciuón básica sobre a acentuación gráfica en galego no Apéndice do libro (regras xerais, ditongo e hiato, acento diacrítico...). En todo caso, aquí deixamos uns pequenos recordatorios.

Regras xerais
Acentúanse...
—As palabras agudas rematadas en vogal, en -n, -s ou -ns (mamá, lugués, marrón, camións). Excepción: non se acentúan os ditongos decrecentes agudos (ademais).
—As palabras graves cando rematan en consoante distinta de -n, -s (ámbar), en ditongos decrecentes (hóckey) e en grupos consonánticos distintos de -ns (bíceps).
—As palabras esdrúxulas (pálida).
Observacións
—As maiúsculas levan acento ortográfico (África).
—Non levan acento gráfico os adverbios acabados en -mente (facilmente).
—Tampouco o levan os interrogativos e exclamativos: Como lle vai? Onde estás? Preguntoulle cal quería. Só se acentúan para evitar posibles ambigüidades: Dille que queres // Dille qué queres.
—Por razóns históricas e etimolóxicas convén lembrar que a sílaba tónica de certas palabras non coincide coa do castelán (pelicano, mísil, olimpíada, heroe, réptil...).

Ditongo e hiato
Cando dúas vogais se encontran nunha palabra, cómpre ter en conta se son abertas ou pechadas, e se son tónicas ou átonas.


Acento diacrítico
Emprégase o acento gráfico con función diacrítica para distinguir palabras que se escriben igual mais que non soan igual. É dicir, cando dúas palabras poidan confundirse, pónselle acento á que ten vogal aberta ( –do corpo–  / pe –letra–) ou á que é tónica (é –verbo ser– / e –conxunción–).

Ben, daquela, imos con actividades. Fai clic nas seguintes ligazóns e practica (todas teñen a solución ao final).
• Acentuación xeral: aquí e aquí.
• Acento diacrítico: aquí, aquí e aquí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario