mércores, 20 de maio de 2026
Compartindo cultura galega e xaponesa con Haruna
xoves, 26 de marzo de 2026
Preparando os maios (I)
A festa consiste en construír os maios, estruturas decoradas con flores, follas e froitos, que poden ter forma de árbore ou de figuras variadas. Ao seu redor, grupos de persoas cantan coplas populares e acompañan o ritmo con paus.
É costume que os participantes, a cambio da súa actuación, pidan un aguinaldo en alimentos. Tamén se organizan concursos para premiar os mellores maios e cantigas. Esta tradición mantense viva en moitos lugares de Galicia (Pontedeume, Ourense, Redondela, Vilagarcía de Arousa, Marín, Pontevedra...).
Como mostra da súa importancia cultural, destaca o poema «Aí vén o maio» de Manuel Curros Enríquez, exemplo do valor desta festa na nosa tradición literaria e popular.
Aí vén o maiode frores cuberto
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos(1) furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas(2)
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos(3) e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.
Queredes castañas
dos meus castiñeiros?
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas(4), nin portas,
luns, 23 de febreiro de 2026
Traballos de Bacharelato para Primaria
Os castelanismos (Tomás Gómez, Sergio Rivas e Ainara Sánchez)
O detective da lingua galega contra os castelanismos
(Lucca Caro, Nicolás Mato e Favio Pentón)
Música para todos os gustos (Lucía Pedreira e Iván Tuñas)
Os castelanismos: buscando intrusos (Iván Roca)
martes, 10 de febreiro de 2026
Poesía musicada (1936-1975)
Andamos estes días en 2ª de Bacharelato a traballar a poesía galega durante o franquismo (1936-1975). A pesar da dureza daquelas décadas, a nosa lírica produciu algun dos poemas máis fermosos da historia da literatura galega.
Para achegármonos mellor á lírica deste período, deíxovos este vídeo de Nee Barros.
Para rematar, aquí quedan versións musicadas dalgúns destes textos, de Celso Emilio Ferreiro, Antón Tovar ou Xosé María Díaz Castro. Versos que cobran vida coa música, revelando emocións e reflexións que seguen a emocionarnos hoxe. Unha viaxe sonora pola poesía que marcou unha xeración.
luns, 12 de maio de 2025
Obradoiro «Cantareiras»
E esta Semana das Letras tamén temos a sorte de contar coa colaboración de máis xente da casa, Xosé Manuel Varela e a súa filla Icía Varela, que ademáis de traballar no Fogar, tamén son músicos e importantes divulgadores da nosa literatura oral tradicional. De feito, a editorial Xerais encargoulles este ano a edición do libro Cantareiras, dedicada ás homenaxeadas nas Letras Galegas.
Pois ben, Xosé Manuel e Icía imparten hoxe luns e o vindeiro mércores un obradoiro didáctico arredor das nosas cantareiras, centrándose especialmente nas sete homenaxeadas pola Real Academia Galega. Todos os cursos de Primaria, Secundaria e Bacharelato gozamos da súas explicacións e tamén interpretamos algunhas das súas cantigas.
Un pasiño máis para achegarnos a este tesouro de noso, que debemos transmitir ás seguintes xeracións!
O «O Valse das Avoas»
Outro dos proxectos arredor da Letras Galegas deste curso foi o «Valse das Avoas». Impulsado desde o Departamento de Música e coa coordinación da profesora Iria Pérez, organizamos todo o necesario para que pequenos e maiores bailasen este valse, inspirado na adaptación que Xabier Díaz fixo dunha peza das cantareiras de Cerceda: Rosa e Adolfina Casás.
O primeiro foi preparar a música. Coa colaboración inestimable dalgúns pais, nais e de varios alumnos e alumnas fixemos ensaios, máis ensaios e, finalmente, a gravación da peza. Un agradecemento moi especial a todos estes músicos da casa, do Fogar: Sabela Varela, Leda Vázquez, Marina Martínez, Raúl Novoa, Enma Díaz, Daniela Sambad, Sindo Novoa, Noelia Losada, Natalia Freire, Paula Suárez e Iria Pérez.
Logo, chegou o día do baile. Unha sesión ben divertida e gratificante na que conseguimos encher o ximnasio con nenos, pais, nais, avós, avoas... Todos a bailar a ritmo de valse.
Moitas grazas! Un gran traballo!
xoves, 24 de abril de 2025
Obradoiro de música tradicional con Richi Casás
Hoxe, xoves, grazas á iniciativa da profesora de Música Iria Pérez, visitounos o músico e profesor Richi Casás, que ademais é irmán do presidente da nosa Fundación Fogar Santa Margarida, Rafa Casás, e neto e afillado de dúas das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, Rosa e Adolfina Casás, de Vila da Igrexa (Cerceda).
Todo o alumnado de 5EP e 6EP tivo a sorte de participar activamente no seu obradoiro sobre tradición oral e música popular. Partindo das súas experiencias familiares, Richi falounos de como as cantigas populares invadían a vida cotiá da Galicia rural. Nas casas máis humildes, a falta de instrumentos musicais, calquera cousa servía para acompañar as pezas: pratos, culleres, morteiros, botellas de anís, zocas, sachos... E tamén nos falou de Dorothé Schubarth, a recompiladora suíza que percorreu Galicia gravando cantigas nos anos 70 e 80.
Puidemos cantar con el e facerlle unha chea de preguntas sobre as súas familiares cantareiras e sobre o fascinante mundo as cantigas tradicionais. Unha experiencia que resultou tan amena como enriquecedora. Moitas grazas, Richi!
martes, 25 de marzo de 2025
A riqueza das cantigas populares
A lírica popular oral galega, coa súa tradición musical, é considerada unha das máis importantes de toda Europa occidental. A través das cantareiras, homenaxeadas no Día das Letras deste ano, podemos apreciar a riqueza e variedade das cantigas populares, que xurdían en calquera momento do ano, con calquera traballo ou ocasión festiva. Esta podería ser unha clasificación:
• Traballos do campo: cantos de seitura (de cando se recollía o cereal), cantos de vendima (de cando se recollía a uva), muiñeiras (asociadas ao momento de moer no muíños).
• Festas anuais: cantos dos maios (asociadas á celebración da primavera), cantos de Nadal ou panxoliñas (na época do Nadal).
• Vida cotiá: cantos de berce (para adurmiñar os nenos), regueifas (diálogos cantados improvisados entre mozos e mozas típicos das vodas).
Queredes escoltar algunha? Aquí tedes uns cantos exemplos.
domingo, 19 de maio de 2024
O Fogar coas Letras Galegas
Por último, durante todo o mes de maio, o alumnado de 3° e 4° de Primaria estivo traballando a música tradicional da man de Xabier Díaz. Achegámonos así ás cantigas dos nosos maiores, que aprendían dun xeito oral. Tamén practicamos algún paso de xota e incluso montamos a peza cun grupo de cantareiros e cantareiras que se forman en asociacións e escolas da nosa cidade.
Un gran traballo de distintos departamentos (Lingua Galega, Plástica, Música, Tecnoloxía...) que deu lugar a unha combinación de actividades orais e escritas coas que puidemos celebrar, de forma lúdica e motivadora, as nosas Letras Galegas!
mércores, 17 de maio de 2023
«Palabras fermosas» para o Día das Letras Galegas
mércores, 14 de abril de 2021
[21DEG: Día 09] Como che vai?
Sés
Ataque Escampe
Guadi Galego
— Que tal vas co galego? Con quen adoitas falalo máis tempo? Cos compañeiros? Coa familia?— Coñeces os músicos anteriores? Cal che gusta máis? Cal menos? Por que?
— Veste con ánimos para chegar ao final? Por que?
— Adoitas escoitar música? En que momentos?
— Cales son os teus gustos musicais?
— Escoitas algo de música en galego? Por que?— Se cadra non é o teu caso, mais por que cres que en xeral se escoita moita máis música en inglés ou en castelán ca en galego?
martes, 13 de abril de 2021
[21DEG: Día 08] O reto: o karaoke
sábado, 10 de abril de 2021
[21DEG: Día 05] Como che vai?
—Estamos en fin de semana. Houbo moitos cambios nas túas rutinas? Que tal che foi hoxe co galego?—Éche máis doado desenvolverte en galego a fin de semana? Ou ao revés? Por que?—Sentes o apoio dos que te rodean?—Que che parece o que conta Xoana no vídeo inicial? Sénteste en algo identificado/a con ela? Por que?—Gústache a súa música? Por que?—Xoana emprega a música para «derrubar muros que limitan o galego». A que cres que se refire? Cres que o conseguiu?
sábado, 6 de abril de 2019
[21DEG: Día 16] O reto: O videoclip
Se me dis que me queres,
non me digas «te quero».
Recorda que o pronome
vai despois do verbo...
Se xa non me desexas,
dime «non te desexo»,
que vai diante un pronome
porque hai un adverbio
de negación,
hai un adverbio.
Se tes problemas de colocación
cos pronomes cando falas,
escoita atenta esta canción...
Recorda que o pronome
sempre vai despois do verbo,
excepto se aparece
antecedendo un adverbio. (x4)
Ninguén me dixo que hoxe
ía haber rebolo.
Cando me vas chamar?
Vou volverme tolo.
Tamén se adianta o pronome
se hai interrogativos
e o mesmo acontece
con algún indefinido,
indefinido,
indefinido...
Se tes problemas na colocación
dos pronomes cando falas,
escoita atenta esta canción...
Recorda que o pronomePara axudarche, propoñemos estas pautas.
sempre vai despois do verbo,
excepto se aparece
antecedendo un adverbio. (x4)
—Ponte de acordo con outros campañeiros/as de 21DEG para colaborar na gravación (todos debedes participar, ben en parellas, ben en grupos).—Buscade o mellor momento (calquera día da fin de semana) e lugar (ao aire libre, nalgún espazo cuberto...).—Intendade aprender a canción ensaiándoa varias veces.—Debedes preparar unha coreografía que acompañe a vosa interpretación.—Se non sabedes editar vídeo, podedes gravar todo nunha soa toma. Basta con que a canción soe de fondo (ben alta) e vós cantedes a letra.—Poñédelle toda a imaxinación que queirades: usar disfraces, amosar algúns letreiros con fragmentos da canción...
A divertirse!
venres, 5 de abril de 2019
[21DEG: Día 15] Como che vai?
Toca agora un «Como che vai?». Podes guiarte con estas cuestións:
—Como levas a experiencia dos 21DEG? Falas galego de forma máis fluída?
—Que prefires: os días de «Como che vai?» ou de «O reto»? Por que?
—Que opinas de que Paulina Ceremuzynska aprendese a nosa lingua?
—Que che resulta máis interesante do que ela comenta?
—Sabías que centos de estudantes estranxeiros aprenden galego todos os veráns en Santiago? Que che fai pensar isto se tes en conta a relación de moitos galegos coa nosa propia lingua?
mércores, 3 de abril de 2019
[21DEG: Día 13] Como che vai?
Primeiro en 1969 con «O tren», despois en 1970 con «Corpiño xeitoso» e «San Antón». A xente de Madrid, de Sevilla, de Valencia, de Huesca ou de Murcia bailaba nos guateques cos números 1 de Andrés do Barro. Unha proba máis de que, a pesar dos prexuízos, desenvolverte na túa lingua propia non debe supoñer ningún atranco ou desvantaxe.
—Que fixeches hoxe? Algunha novidade no teu día a día con respecto ao galego?—Sabías quen era Andrés do Barro? Que che parece o que logrou hai 50 anos?—Gústache escoitar música? En que momentos?—Cales son os teus gustos musicais?—Escoitas música en inglés? E en castelán? E en galego?—Coñecías os músicos galegos anteriores? Cal che gusta máis? Por que?
martes, 17 de abril de 2018
[21 DEG: Día 15] Como che vai?
Sabías que a presenza da nosa lingua en Internet, é dicir, o número de páxinas en galego, sitúaa no posto 49 do mundo. Lembra que se falan unhas 6000 no planeta! Hoxe en Internet tes bastantes posibilidades para gozar do teu lecer en galego en liña. Queres uns exemplos?
Interésanche as novas tendencias, a moda, a literatura, a arte? Non podes perderte a revista online disquecool.com
Interésanche as novas tecnoloxías, a ciencia ou os videoxogos? Pois tes que coñecer codigocero.com, unha publicación especializada en todos eses ámbitos con moita información actualizada.
Interésanche a música e os concertos que podes atopar por Galicia adiante? Ollo con GZmúsica, unha web dedicada á música galega que pretende achegarvos información sobre as músicas do país, de calquera estilo: pop, rap, ska, rap, folk...
—Como o levaches hoxe? Como vai o teu galego? Usalo en todas as situacións?
—Sentes o apoio dos que te rodean? Colaboran contigo nalgunha actividade?
—De te poñeres nota polo teu traballo ata agora, cal sería do 1 ao 10? Por que?
—Que pensas da información sobre Internet que encabeza esta entrada?
—Coñecías esas webs? Interésanche?
—Coñeces outras páxinas en galego sobre temas que che gusten?
—Cres que debería haber máis ofertas de lecer en galego?
domingo, 23 de abril de 2017
[21 DEG: Día 06] O reto: Recitamos a Rosalía
—Lede varias veces os textos previamente.
—Procurade comprender todo, consultade o vocabulario que non coñezades.
—Gravade a recitación coidando a vocalización e a expresividade.
—Finalmente, engadide a vosa valoración sobre os poemas.
venres, 21 de abril de 2017
[21 DEG: Día 04] O reto: Que música che gusta?
• Adoitas escoitar música?• En que momentos?
• Gústache ir a concertos? Por que?
• Cales son os teus gustos musicais?
• Escoitas algo de música en galego?
• Coñeces estes grupos? Cal che gusta máis? Cal menos? Por que?


















