Axiña comezan as vacacións e entraremos no tempo do Nadal. Para celebralo, aquí deixamos un par de propostas. Primeiro unha versión en vídeo co clásico «Conto de Nadal» do escritor inglés Charles Dickens.
sábado, 13 de decembro de 2025
Conto de Nadal
mércores, 17 de maio de 2023
«Palabras fermosas» para o Día das Letras Galegas
luns, 15 de maio de 2023
Tres pasagalegos para o Día das Letras Galegas
Para o Día das Letras Galegas, o alumnado de 6EP participou na creación de tres magníficos pasagalegos. Aquí os tedes. Cada un deles consta dun rosco de 23 palabras, ordenadas alfabeticamente. Cantas podes adiviñar?
Imaxínate como concursante da tele e pon a proba os teus coñecementos sobre vocabulario na nosa lingua.
E non só xogues ti. Convida a xogar na casa ao teu pai, á túa nai, a teu irmán ou irmá, aos teus avós... Quen o fai mellor?
Sexto A
luns, 19 de abril de 2021
[21DEG: Día 14] O reto: O noso «Pasagalego»
Hoxe, día 14 de 21DEG, toca «O reto». E. con vós, o agardadísimo «Pasagalego» que, letra a letra, axudastes a crear. Parabéns a todos/as vós! E tamén ao noso produtor audiovisual, Martín Ferrero! Un fenómeno! O vídeo quedou de marabilla. Por certo, o logo de 21DEG deste 2021 tamén é deseño seu. Graciñas, Martín.
E agora a xogar. É moi simple, grávate mentres se reproduce o «Pasagalego» e vai dando as solucións que coñezas. Se ves que necesitas un chisco máis de tempo, podes facer un breve stop na reprodución. Finalmente, combroba, coas solucións, cantas acertaches e cantas non. E non fagas trampa, claro!
Quen o fará mellor de todos os participantes de 21DEG?
venres, 12 de xuño de 2020
Xogos do Portal das Palabras [3]
a) Apunta ben
b) A ver se dás...
c) Opa!
martes, 9 de xuño de 2020
Xogos do Portal das Palabras [2]
a) Canto sabes?
b) Dimo con letras.
luns, 8 de xuño de 2020
Xogos do Portal das Palabras [1]
a) Verdadeiro ou falso
b) Só unha vale
domingo, 31 de marzo de 2019
[21DEG: Día 10] O reto: A ver quen sabe máis
O reto de hoxe é ben sinxelo: facer en familia un «A ver quen sabe máis». Unha especie de «Pasagalego» mais sen orde alfabética. Un agasallo da rapazada do IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos, participantes neste 2019 no «21 Días en galego e +».
Adiante! A ver quen sabe máis!
venres, 5 de maio de 2017
[21 DEG: Día 18] O reto: Pasagalego
Adiante, acepta o reto e grava as túas respostas. Fai stop no vídeo das preguntas se o precisas. Cantas acertas?
Finalmente, comenta que che pareceu a sorpresa. Graciñas xente da Pobra!







