Xa estudamos que o infinitivo conxugado (páx. 182 do teu libro) é un trazo lingüístico case exclusivo do galego. Dános unha importante riqueza expresiva cando empregamos oracións con infinitivo.
Como xa vimos nalgunha fotocopia traballada na clase, as regras básicas de uso do infinitivo conxugado son:
A. O infinitivo ten suxeito distinto ao do verbo principal: Deiche os cartos para comprares pan.
B. Cando, tendo o mesmo suxeito, o infinitivo vai antes do verbo principal: De actuardes dese xeito, acabaredes con problemas.
C. Cando o infinitivo é suxeito: Reciclarmos é moi importante.
Tamén estivemos a estudar na clase as perífrases verbais. No seguinte capítulo do programa «Ben falado» da TVG fálasenos dunha das perífrases máis características do galego: dar + participio.
Lembra que xa as estudamos nas páxinas 182-183 do teu libro de texto.
Como vimos tamén no libro, as perífrases son de tres tipos: temporais (indican futuridade ou inminencia), modais (indican obriga, probabilidade...) ou aspectuais (incoativas –acción en desenvolvemento–, terminativas –acción rematada–, reiterativas –acción repetida–).
Despois de leres a información anterior aquí tes un par de actividades. Envíame os resultados (pantallazo) por MOODLE.
• INFINITIVO CONXUGADO: Fai clicaquíe modifica as oracións introducindo o infinitivo conxugado (Ollo!, hai dúas series de oracións: 1 e 2).
• PERÍFRASES VERBAIS: Fai clic aquíe identifica o tipo de perífrase en cada caso (Ollo!, hai dúas series de oracións: 1 e 2).
Estes días andamos a traballar o verbo. Neste post ofrecémosvos uns cantos recursos para comprenderdes mellor esta categoría gramatical.
Como vistes na páxina 158 do teu libro, o verbo descomponse en raíz [R], vogal temática [VT], morfema modo-temporal [MMT] e morfema número-persoal {MNP]. Aquí vos deixamos un gráfico que amosa de forma ben clara os compoñentes morfolóxicos dos nosos verbos regulares.
En galego temos nove tempos verbais (6 de indicativo e 3 de subxuntivo). Aquí os tes, coa denominación que empregamos este curso e coa tradicional.
Repara en que en galego non temos tempos compostos! Nada de *he feito (fixen) nin de *houbera estudado (estudara)! A xornalista Esther Estévez, de «Dïgocho eu» explícao ben clariño neste vídeo.
Por outra parte, debes lembrar o verbo regular (páx. 160 do teu libro) é o que mantén a raíz igual en todas as súas formas e toman as desinencias do seu verbo modelo.
Ollo! Hai un grupo de verbos, chamados verbos con alternancia vocálica (ver cadro da marxe da páx. 160) que seguen a considerarse regulares aínda que presentan alteracións na vogal tónica da raíz (no presente de indicativo).
sigo segues segue seguimos seguides seguen
Estoutro vídeo de «Dígocho eu» sérveche para entendelo mellor.
Para rematar, un sinxelo e divertido xogo autoavaliable: un rosco alfabético no que tedes que escribir a forma verbal (regular ou irregular) que se pida. Aquí queda! É voluntario. Animádevos!
Hoxe, a xeito de repaso, un sinxelo e divertido Breakout educativo: xa sabedes, un deses xogos derivados dos populares Escape Rooms nos que hai que superar unhas probas para conseguir abrir o cadeado final e liberarse.
Neste caso coñecerás o shériff Suso Portela, que vén desde terras moi afastadas. Para conseguirlle o billete de volta ao lugar do que nunca debeu saír, debes poñer a proba os teus coñecementos sobre os verbos en galego.
Repasa o estudado sobre o verbo e adiante! Iso si, debes ter en conta que nesta actividade se emprega a denominación tradicional dos tempos verbais.
Tendo en conta isto, a xogar! Observa os vídeos, segue os pasos e resolve as probas. Se o fas ben, conseguiras o código completo que abre o cadeado final. Non é necesario que envíes nada a MOODLE.
Xa estudamos que o infinitivo conxugado (ou flexionado) é un trazo lingüístico case exclusivo do galego. Dános unha importante riqueza expresiva cando empregamos oracións con infinitivo.
Como xa vimos nalgunha fotocopia traballada na clase, as regras básicas de uso do infinitivo conxugado son:
A. O infinitivo ten suxeito distinto ao do verbo principal: Deiche os cartos para comprares pan.
B. Cando, tendo o mesmo suxeito, o infinitivo vai antes do verbo principal: De actuardes dese xeito, acabaredes con problemas.
C. Cando o infinitivo é suxeito: Reciclarmos é moi importante.
No capítulo do antigo programa «Ben falado» da TVG fálasenos dunha das perífrases máis características do galego: dar + participio. Hoxe toca darmos un repaso ás perífrases verbais. Lembra que xa as estudamos nas páxinas 182-183 do teu libro de texto.
Como vimos tamén no libro, as perífrases son de tres tipos: temporais (indican futuridade ou inminencia), modais (indican obriga, probabilidade...) ou aspectuais (incoativas –acción en desenvolvemento–, terminativas –acción rematada–, reiterativas –acción repetida–).
Despois de leres a información anterior e de repasares o apartado 3 das páxs 182-183:
• Fai un esquema sobre os tipos de perífrases (debe incluír as perífrases e os seus exemplos). Envíamo por MOODLE.
• Resolve estas actividades en liña: aquí e aquí.
Na páxina 160 do teu libro tamén se explica que o verbo irregular é aquel que non mantén a raíz igual en todas as súas formas e/ou ten desinencias distintas ás do seu verbo modelo.
fago = ando (verbo modelo)
fixen = andei (verbo modelo)
farei = andarei (verbo modelo)
Podes atopar as formas completas dos principais verbos irregulares galegos (caber, dar, dicir, estar...) no apéndice (pás. 296-301).
Imos coa práctica de hoxe:
Aquí tes un divertido xogo. Debes escribir a forma correcta de cada verbo irregular ata completar a rosca do alfabeto.
Aquí, unha batería de 5 exercicios para traballares o verbo irregular e tamén o regular.
Na páxina 160 do teu libro explícase que o verbo regular é o que mantén a raíz igual en todas as súas formas e toman as desinencias do seu verbo modelo.
bailo = ando (verbo modelo)
bailei = andei(verbo modelo)
bailarei = andarei(verbo modelo)
Debes lembrar tamén que un grupo especial de verbos, chamados verbos con alternancia vocálica(ver cadro da marxe da páx. 160), presenta alteracións na vogal tónica da raíz, mais seguen a ser verbos regulares.
durmo dormes dorme durmimos durmides dormen
A morfoloxía verbal é un dos contidos máis importantes deste curso, así que aquí tes unhas cantas actividades en liña para que practiques, comezando polo verbo regular.
Aquí debes conxugar unha serie de verbos na persoa, tempo e modo que se indica (son todos regulares, e algúns de alternancia vocálica).
Aquí tes unhas actividades para practicar especificamente os verbos de alternancia vocálica.
Dous vídeos do Portal das Palabras en que os profesores Xosé Luís Regueira e Rosario Álvarez nos explican a diferenza entre «cortar» e «acurtar» e entre «abundar» e «abondar», respectivamente.
E, falando de verbos, como estes días andamos a traballar coa súa estrutura morfolóxica, aquí vos deixamos un gráfico que amosa de forma ben clara os compoñentes morfolóxicos dos nosos verbos regulares: raíz + vogal temática + morfemas modo-temporais + morfemas número-persoais.
Nesta ligazón podes atopar tamén a mesma distinción da estrutura dunha chea de verbos irregulares. E tamén unhas cantas actividades para practicar a morfoloxía verbal.
Por último, un recurso final: Conshuga, o conxugador automático en liña de verbos galegos da USC. Basta con escribir o verbo que queres consultar e obtés o seu paradigma completo. Un boa axuda!