A peza de humor gráfico anterior axuda a reflexionarmos sobre un difundido prexuízo lingüístico: «É de mala educación falar en galego con que se dirixe a nós en castelán».
Reflexionemos un chisco sobre esta idea:
Máis alá do caso de persoas estranxeiras que descoñecen a nosa lingua, deamos por feito que en Galicia a poboación é bilingüe. Se partimos da base, de acordo co prexuízo anterior, de que un galegofalante debe cambiar ao castelán se alguén se dirixe a el nesta lingua, podemos chegar a algunhas conclusións sorprendentes cunha sinxela análise matemática.
Imaxinemos dúas situacións en que interactúan catro persoas, aplicando o prexuízo que nos ocupa.
Caso A. 2 persoas que falan habitualmente en galego e 2 que falan habitualmente en castelán.
Caso B. 3 persoas que falan habitualmente en galego é 1 que o fai en castelán.
Conclusión: no caso A (cun 50% de galegofalantes) os actos de fala en galego serían o 16,7%, no caso B (cun 75% de galegofalantes) os actos de fala en galego serían o 50%.
Daquela, pódese dedúcese que:
«Se os galegofalantes cambian sempre ao castelán cando alguén lles fala castelán, o galego perde espazos de uso mesmo entre persoas que saben galego.»
