k k k k fdmkdkllmfkd
venres, 2 de febreiro de 2024
Pardo de Cela, un heroe nos Séculos Escuros
sábado, 24 de setembro de 2022
O galego mola!
mércores, 24 de novembro de 2021
Canto sabes da historia da lingua galega?
Ben, aproxímase o exame da 1ª Avaliación. Seguro que che vén ben algo de axuda para preparar a parte referida á historia da nosa lingua. Deseguido, dexamos algunhas ligazons, tiradas deste mesmo blog, que che poden ser moi útiles:
martes, 2 de marzo de 2021
O galego despois do esplendor medieval
Séculos XII-XIV (esplendor medieval). O galego é a lingua normal e propia do territorio en todas as clases sociais e contextos. Para a función cultural e especialmente para a internacional (intercompresión con persoas con outros idiomas) empregábase o latín.
Séculos XVI-XVIII (período de decadencia). O reino de Galicia comeza a perder poder e supedítase á coroa de León e despois á de Castela. O galego (lingua minorizada) comeza a ser desprazado progresivamente en case todas as súas funcións polo castelán (lingua dominante).
Século XIX (Rexurdimento). Galicia segue a ser maioritariamente monolingüe en galego, mais continúa o retroceso da súa funcionalidade debido á diglosia. No ámbito cultural, por primeira vez desde a Idade Media, o galego comeza a recuperarse grazas ao labor dos pensadores e escritores do Rexurdimento.
luns, 8 de febreiro de 2021
Quen escribe o noso futuro?
Contacto lingüístico: Situación en que dúas ou máis linguas coexisten nun mesmo territorio.
Bilingüismo individual: Capacidade que ten unha persoa de empregar indistintamente dúas linguas.
Bilingüismo social: Sociedade en que se empregan dúas linguas diferentes, sendo unha boa parte da poboación individuos bilingües. Esta situación nunca é estable no tempo e decote acaba derivando en diglosia.
Diglosia: Situación en que se dá unha consideración social desigual de dúas linguas o que provoca un uso desequilibrado destas: a lingua A (dominante) para as funcións de máis prestixio (laboral, institucional, cultural e internacional) e a lingua B (minorizada) para as relacións cotiás e informais (función local e, sobre todo, a familiar).
Lingua dominante (A): Lingua de gran prestixio social que acaba por impoñerse fóra do territorio que lle é propio e acaba ocupando progresivamente ámbitos e funcións doutra lingua (a minorizada).
Lingua minorizada (B): Lingua historicamente propia dun territorio que ve restrinxidas as súas funcións e retrocede nos diferentes ámbitos de uso, baixo a presión dunha lingua dominante foránea.
Prexuízos lingüísticos: Xuízos de valor (preferencias ou rexeitamentos) sobre a lingua baseados en razoamentos falsos ou sen fundamento («O galego é de pailáns de aldea», «O galego só o falan os dunha determinada ideoloxía»...).
Conflito lingüístico: Situación de tensión e pugna entre dúas linguas en contextos diglósicos, e que se pode resolver ben mediante a substitución lingüística, ben mediante a normalización lingüística.
Substitución lingüística: Desaparición da lingua minorizada porque a lingua dominante se impón completamente en todos os ámbitos e funcións.
Normalización lingüística: Proceso mediante o cal unha lingua minorizada consegue recuperar o seu valor comunicativo, as súas funcións lingüísticas e o seus status como lingua propia.
sábado, 17 de outubro de 2020
Orixe e formación do galego
Substrato. Trátase das linguas dos pobos que habitaron no territorio galego antes da chegada dos romanos. Hai que distinguir unha compoñente preindoeuropea, máis antiga, e outra indoeuropea, de orixe celta e precelta. Destas linguas quedan restos no noso léxico (carqueixa, cabana, amorodo, berce, con, sobaco, sapo, veiga, carballo, gándara, rodaballo...) e na nosa toponimia (Coruña, Laxe, Carballo, Carnota, Lestrove, Montrove, Barallobre...).
Romanización. Chámase asi ao proceso de asimilación cultural por parte do Imperio Romano dos territorios que ía conquistando na súa expansión. Noutras palabras, é da expansión da cultura romana e da súa lingua. De feito, o latín é a base fundamental do galego: regras gramaticais, fondo léxico...
Superestrato. Trátase das linguas que falaban os pobos que chegaron a Galicia despois da romanización e que deixaron pegadas no galego: as linguas xermánicas e o árabe. No século V prodúcese as invasións xermánicas. Na Gallaecia asentanse os suevos, onde fundaron o Regnum Suevorum, o primeiro reino xermánico de Europa. Deles conservamos algunhas voces da vida doméstica (ganso, espeto, luva, esmagar, sopa...), antropónimos (Carlos, Alberte, Guillerme, Elvira...) e topónimos (Zas, Gondomar, Allariz, Mondariz, Guitiriz...). Os árabes penetraron na Península no ano 711, mais practicamente non chegaron a asentarse no noso territorio. Conservamos uns poucos topónimos (Alfoz, A Mezquita ou Rábade) e outras voces adquiridas como préstamos a través do castelán ou do portugués (alcalde, almofada, albanel, algodón, azucre, laranxa, xadrez...).
mércores, 20 de maio de 2020
Rexurdimento: unha cuestión de actitude
O Rexurdimento é, como podes ver nas páxs. 212-213 do libro, o movemento cultural que nace coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro o 17 de maio de 1863 e que se estende ata a segunda década o século XX. Este movemento xorde da vontade dun importante grupo de intelectuais e escritores de que o galego renacese como lingua literaria e de cultura, despois de varios séculos de desprezo e marxinación.
xoves, 7 de maio de 2020
Pasapalabra de «Lingua e sociedade»
Se lle botas unha ollada ao índice do teu libro, verás que no bloque de «Lingua e sociedade» xa vimos estas unidades:
Un. 1. As linguas peninsulares: formación e evolución (páx. 20)E desde o confinamento vimos:
Un. 2. Historia social da lingua: a etapa medieval (páx. 46)
Un. 3. Plurilingüismo. Linguas do Estado español (páx. 68)
Un. 4. Contacto entre linguas. Bilingüismo. (páx. 94)
Un. 5. Contacto entre linguas. Diglosia e conflito lingüístico. (páx. 116)
Un. 6. A consideración social das linguas. (páx. 139)
Un. 7. Historia social da lingua: o período de decadencia (páx. 162)
Un. 8. O galego e a lusofonía (páx. 185)
Un. 11. Variación lingüística: niveis, rexistros e dialectos. (páx. 254)
• Escribe todas as respostas no menor tempo posible.
• Para pasar á seguinte letra, podes facer clic en «Pasapalabra».
• Se na primeira rolda do rosco, non dás acertado todas as respostas; na segunda, podes consultar o libro.
• Cando remates, preme en «Fin». Faille unha foto ao teu resultado final e envíama por MOODLE.
domingo, 7 de xuño de 2015
Traballos en Prezi 2014-2015 [2]
A fin de curso foi dura, mais, a pesar de todo, aí estivo o alumnado de Bacharelato a traballar arreo para entregar os seus traballos. Desta volta, dous novos «Prezis» que nos ilustran sobre contidos estudados durante o curso. «A formación do galego» e «A diversidade lingüística no mundo», dos compañeiros Helena Mayobre e Víctor Rioja, respectivamente.
sábado, 24 de xaneiro de 2015
Séculos Escuros do galego... e do inglés
xoves, 20 de novembro de 2014
Grandes éxitos de onte e de hoxe
Se non se vos ocorre ningún nome, aí vai un: Martín Codax, toda unha estrela internacional de noso que viviu entre os séculos XIII e XIV. As súas fantásticas cantigas forman parte dese tesouro que é a lírica galego-portuguesa medieval. Un modelo lírico que foi referente na Europa daquel tempo e que levou a trobar no noso idioma a casteláns, a aragoneses, a provenzais, a italianos...
Mais tamén hoxe, sete séculos despois, podemos ver como as pezas deste xograr galego son admiradas e interpretadas en todas as latitudes do planeta. E aí vai unha pequena mostra: catro versións diferentes da súa cantiga de amigo «Eno sagrado en Vigo».
Estes son só algúns exemplos porque o certo é que os Greatest Hits de Martín Codax non quedan aí: «Quantas sabedes amar amigo», «Ondas do mar de Vigo», «Mia irmana fremosa»... Unha marabilla!












