A conxunción é a clase de palabra (invariable) que pode relacionar palabras mais tamén pode relacionar oracións.
Xoán e Helena Xoán xoga ao xadrez e Helena le unha novela.
As conxuncións clasifícanse en:
• Coordinantes (relacionan unidades ao mesmo nivel): Paulo fala e María escoita.
• Subordinantes (relacionan unidades a distinto nivel): Paulo dixo que vai chover.Ollo con estes erros frecuentes coas conxuncións!
*a penas: apenasHoxe, como tarefa, simplemente ler o apartado do teu libro referido á conxunción (páx. 263) e facer o exercicio 1 desta ligazón.
*a pesares de que: a pesar de que
*anque: aínda que, aínda cando
*asegún: segundo, conforme, consonte
*donde: onde
*e máis: e mais
*i: e
*mentras que: mentres que
*millor: mellor
*mismamente: mesmamente
*nen: nin
*o mismo que: o mesmo que
*según: segundo, conforme, consonte
*sen/sin embargo: non obstante, con todo
*si: se
Ningún comentario:
Publicar un comentario