Xa estudamos que o infinitivo conxugado (ou flexionado) é un trazo lingüístico case exclusivo do galego. Dános unha importante riqueza expresiva cando empregamos oracións con infinitivo.
Como xa vimos nalgunha fotocopia traballada na clase, as regras básicas de uso do infinitivo conxugado son:
A. O infinitivo ten suxeito distinto ao do verbo principal:
Deiche os cartos para comprares pan.
B. Cando, tendo o mesmo suxeito, o infinitivo vai antes do verbo principal:
De actuardes dese xeito, acabaredes con problemas.
C. Cando o infinitivo é suxeito:
Reciclarmos é moi importante.
Estas son as actividades de hoxe:
• Fai clic aquí e realiza a primeira actividade.• Fai clic aquí e realiza as actividades que se propoñen (Ollo!, hai dúas series de oracións: 1 e 2).
Ningún comentario:
Publicar un comentario