mércores, 20 de maio de 2026
Compartindo cultura galega e xaponesa con Haruna
mércores, 22 de abril de 2026
Preparando os maios (III)
E grazas á vosa colaboración, xa temos a letra do noso maio. Lista para que a aprendamos e a ensaiemos. Adiante!
martes, 14 de abril de 2026
Preparando os maios (II)
As estrofas máis típicas dos maios son as coplas: conxunto de catro versos de 8 sílabas que riman 8 -, 8 a, 8 - 8 a. É dicir, a copla ten rima (asonante ou consonante) nos versos pares. Por exemplo:
Heiche de contar historias, 8 –
heiche de cantar copriñas, 8 a
heiche de tocar as cunchas, 8 –
miña carrapucheiriña. 8 a
Aquí temos un exemplo de como poderían ser as letras da celebración dos maios.
xoves, 26 de marzo de 2026
Preparando os maios (I)
A festa consiste en construír os maios, estruturas decoradas con flores, follas e froitos, que poden ter forma de árbore ou de figuras variadas. Ao seu redor, grupos de persoas cantan coplas populares e acompañan o ritmo con paus.
É costume que os participantes, a cambio da súa actuación, pidan un aguinaldo en alimentos. Tamén se organizan concursos para premiar os mellores maios e cantigas. Esta tradición mantense viva en moitos lugares de Galicia (Pontedeume, Ourense, Redondela, Vilagarcía de Arousa, Marín, Pontevedra...).
Como mostra da súa importancia cultural, destaca o poema «Aí vén o maio» de Manuel Curros Enríquez, exemplo do valor desta festa na nosa tradición literaria e popular.
Aí vén o maiode frores cuberto
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos(1) furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas(2)
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos(3) e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.
Queredes castañas
dos meus castiñeiros?
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas(4), nin portas,
martes, 10 de febreiro de 2026
Poesía musicada (1936-1975)
Andamos estes días en 2ª de Bacharelato a traballar a poesía galega durante o franquismo (1936-1975). A pesar da dureza daquelas décadas, a nosa lírica produciu algun dos poemas máis fermosos da historia da literatura galega.
Para achegármonos mellor á lírica deste período, deíxovos este vídeo de Nee Barros.
Para rematar, aquí quedan versións musicadas dalgúns destes textos, de Celso Emilio Ferreiro, Antón Tovar ou Xosé María Díaz Castro. Versos que cobran vida coa música, revelando emocións e reflexións que seguen a emocionarnos hoxe. Unha viaxe sonora pola poesía que marcou unha xeración.
xoves, 8 de maio de 2025
Esperámosvos na «Foliada das Letras»
O vindeiro mércores ás 17:30 comezará a gran FOLIADA DAS LETRAS, unha festa con música en vivo (a cargo do grupo Pesdelán), baile e merenda para todos os asistentes. E de balde! Estades todos convidados! Animade os vosos imáns e irmás, pais, nais, avós e avoas. Cantos máis, mellor!
Non só pasaremos unha tarde divertida con este ambiente festivo, senón que tamén celebraremos as Letras Galegas deste ano, dedicadas, como sabedes, ás nosas cantareiras e á nosa poesía oral. Aproveitaremos para ofrecer a actuación das pequenas pandeireteiras do Fogar e para presentar os diferentes proxectos arredor das Letras Galegas deste curso: «Xota do Fogar», «Valse das Avoas», «Telexornal Cantareiras»...
Como adianto aquí deixamos os vídeos da «Xota do Fogar». O primeiro, coa interpretación dos nosos músicos e cantareiras; e o segundo, en versión Karaoke. A cantar todo o mundo!
Non podedes faltar! Esperámosvos a todos e todas na FOLIADA DAS LETRAS!
luns, 29 de maio de 2023
«Non me digas ‘te quero’» (edición 2023)
mércores, 17 de maio de 2023
«Palabras fermosas» para o Día das Letras Galegas
mércores, 8 de febreiro de 2023
Rapeando con Rosalía
Durante o primeiro trimestre, o alumnado de 6EP participou de forma activa na elaboración do proxecto Rapeando con Rosalía: unha versión rap de «Adiós ríos, adiós fontes», un dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro. Todos colaboraron: rapeiros e rapeiras que cantaban, ilustradores e ilustradoras para os debuxos e tamén especialistas en lettering que axudaron cos textos. Un gran traballo en equipo!
O vídeo será aproveitado, ademais, para celebrarmos, o vindeiro 23 de febreiro, o Día de Rosalía.
Parabéns a todos os rapaces e rapazas de sexto polo seu magnífico traballo!
xoves, 22 de decembro de 2022
Panxoliña para comezar o Nadal!
Chega o Nadal e os rapaces e rapazas de Primaria agasállannos cunha fantástica panxoliña. No marco do Plan de Dinamización Lingüística, as profesoras Iria Pérez e Nuria Barreiro organizaron este proxecto, que tamén tivo a colaboración de cativos e familias.
De feito, con este vídeo representaron o Fogar no XII Festival de Panxoliñas celebrado o pasado 16 de decembro en Santiago de Compostela.
Parabéns a todos os que puxeron o seu granciño de area neste fantástico proxecto!
Felices festas!!!!!
martes, 17 de maio de 2022
O noso graíño de area no Día das Letras
E cada graíño de area conta. Aproveitamos, daquela, para facer a estrea dun divertido videoclip elaborado polos compañeiros e compañeiras de 3ESOA. Como traballo voluntario da terceira avaliación, fixeron esta versión do tema «Non me digas "te quero"» do youtubeiro Aquel-e. Parabéns!
sábado, 24 de abril de 2021
[21DEG: Día 19] Como che vai?
Xa estamos no día 18 de 21DEG! Se cadra, non lembras o Festival de Eurovisión do ano 2017. Pois estivemos de celebración! De entre ducias de cancións en inglés cantadas por representantes de países de toda Europa, a gañadora foi «Amar pelos dois», unha balada en portugués, ese idioma fillo do galego-portugués medieval. Un mozo lisboeta, Salvador Sobral, foi o vencedor cantando na súa propia lingua.
A vinculación do galego co portugués fai que poidamos entendernos, sen grandes dificultades, cuns 215 millóns de persoas do ámbito da lusofonía. Se, ademais, falas castelán e inglés, podes chegar a comunicarte en total con case 1000 millóns! Todo son vantaxes!
Imos entón co «Como che vai?»
—Algo interesante que contar en relación con estes últimos días? Que esperas ter conseguido cando remate o proxecto?—Que opinas do feito de que Salvador Sobral gañase Eurovisión cantando en portugués?—Cres que tamén podería chegar a ser gañadora unha canción en galego? Por que?—Viaxaches algunha vez a Portugal ou a outro lugar de fala portuguesa? Resultouche alí difícil entenderte coa xente?—Entendiches ben o que dixo Isadora? Que opinas dos seus diferentes comentarios: a súa boa adaptación a Galicia, o descoñecemento do galego no Brasil, o galego para a comunicación internacional?—E sobre que ela fale de si mesma como «galega de alén do mar», igual que Sobral faino como «galego do sul»?
sábado, 17 de abril de 2021
[21DEG: Día 12] O reto: O videoclip
a) Aprender a canción.b) Gravarvos cantándoa a xeito de videoclip.
Se me dis que me queres,
non me digas «te quero».
Recorda que o pronome
vai despois do verbo...
Se xa non me desexas,
dime «non te desexo»,
que vai diante un pronome
porque hai un adverbio
de negación,
hai un adverbio.
Se tes problemas de colocación
cos pronomes cando falas,
escoita atenta esta canción...
Recorda que o pronome
sempre vai despois do verbo,
excepto se aparece
antecedendo un adverbio. (x4)
Ninguén me dixo que hoxe
ía haber rebolo.
Cando me vas chamar?
Vou volverme tolo.
Tamén se adianta o pronome
se hai interrogativos
e o mesmo acontece
con algún indefinido,
indefinido,
indefinido...
Se tes problemas na colocación
dos pronomes cando falas,
escoita atenta esta canción...
Recorda que o pronomePara axudarche, propoñemos estas pautas.
sempre vai despois do verbo,
excepto se aparece
antecedendo un adverbio. (x4)
—Ponte de acordo con alguén máis para colaborar na gravación: familiares cos que convivas, campañeiros/as de 21DEG...—Se o facedes con familiares ou convivintes, é sinxelo: organizades unha gravación na casa.—Se o facedes con amigos ou compañeiros dos 21DEG, propoñemos dúas opcións:• Ben podedes quedar, se as restricións polo Covid o permiten, e gravar nalgún lugar, mais debe ser ao aire libre e con máscara todo o tempo.• Ben podedes gravar cada un de vós a canción individualmente na casa e logo editar o vídeo a xeito de videoclip, mesturando vídeos de diferentes compañeiros/as de grupo.—Procurade sempre que se escoite a canción de fondo e tamén, de forma clara, a vosa voz.—Poñédelle toda a CREATIVIDADE e HUMOR que queirades: crear unha coreografía, usar disfraces, amosar algúns letreiros con fragmentos da canción...
mércores, 14 de abril de 2021
[21DEG: Día 09] Como che vai?
Sés
Ataque Escampe
Guadi Galego
— Que tal vas co galego? Con quen adoitas falalo máis tempo? Cos compañeiros? Coa familia?— Coñeces os músicos anteriores? Cal che gusta máis? Cal menos? Por que?
— Veste con ánimos para chegar ao final? Por que?
— Adoitas escoitar música? En que momentos?
— Cales son os teus gustos musicais?
— Escoitas algo de música en galego? Por que?— Se cadra non é o teu caso, mais por que cres que en xeral se escoita moita máis música en inglés ou en castelán ca en galego?
martes, 13 de abril de 2021
[21DEG: Día 08] O reto: o karaoke
sábado, 10 de abril de 2021
[21DEG: Día 05] Como che vai?
—Estamos en fin de semana. Houbo moitos cambios nas túas rutinas? Que tal che foi hoxe co galego?—Éche máis doado desenvolverte en galego a fin de semana? Ou ao revés? Por que?—Sentes o apoio dos que te rodean?—Que che parece o que conta Xoana no vídeo inicial? Sénteste en algo identificado/a con ela? Por que?—Gústache a súa música? Por que?—Xoana emprega a música para «derrubar muros que limitan o galego». A que cres que se refire? Cres que o conseguiu?
xoves, 28 de xaneiro de 2021
Plurilingüismo no mundo e na península Ibérica
sábado, 28 de novembro de 2020
Tópicos amorosos de onte e hoxe
O asunto amoroso é o eixo central das cantigas de amigo e das cantigas de amor. Nestas últimas, por exemplo, podemos recoñecer certos tópicos (ou campos sémicos) concretos:
- Loanza da dama: eloxio das virtudes físicas (fremosa, bon semellar, bon parecer...) ou morais da muller (boa, prez –valor–, mesurada –discreta–, bon falar...).
- Amor do poeta: expresión do sentimento amoroso do cabaleiro (amor, amar muito, querer ben...).
- Reserva da dama: refírese ao desdén, indiferenza ou rexeitamento da dama (non falar, ir-se, sanhuda –rancorosa–, alongar –separarse–, desamar, fazer mal...).
- Coita de amor: sufrimento por amor do cabaleiro (coita, doo, penar, sofrer, chorar, ensandecer –tolear–, perder o sen –perder a cordura–, morrer...).
xoves, 18 de xuño de 2020
Bo verán a tod@s!
sábado, 6 de abril de 2019
[21DEG: Día 16] O reto: O videoclip
Se me dis que me queres,
non me digas «te quero».
Recorda que o pronome
vai despois do verbo...
Se xa non me desexas,
dime «non te desexo»,
que vai diante un pronome
porque hai un adverbio
de negación,
hai un adverbio.
Se tes problemas de colocación
cos pronomes cando falas,
escoita atenta esta canción...
Recorda que o pronome
sempre vai despois do verbo,
excepto se aparece
antecedendo un adverbio. (x4)
Ninguén me dixo que hoxe
ía haber rebolo.
Cando me vas chamar?
Vou volverme tolo.
Tamén se adianta o pronome
se hai interrogativos
e o mesmo acontece
con algún indefinido,
indefinido,
indefinido...
Se tes problemas na colocación
dos pronomes cando falas,
escoita atenta esta canción...
Recorda que o pronomePara axudarche, propoñemos estas pautas.
sempre vai despois do verbo,
excepto se aparece
antecedendo un adverbio. (x4)
—Ponte de acordo con outros campañeiros/as de 21DEG para colaborar na gravación (todos debedes participar, ben en parellas, ben en grupos).—Buscade o mellor momento (calquera día da fin de semana) e lugar (ao aire libre, nalgún espazo cuberto...).—Intendade aprender a canción ensaiándoa varias veces.—Debedes preparar unha coreografía que acompañe a vosa interpretación.—Se non sabedes editar vídeo, podedes gravar todo nunha soa toma. Basta con que a canción soe de fondo (ben alta) e vós cantedes a letra.—Poñédelle toda a imaxinación que queirades: usar disfraces, amosar algúns letreiros con fragmentos da canción...
A divertirse!

















