Andamos estes días en 2ª de Bacharelato a traballar a poesía galega durante o franquismo (1936-1975). A pesar da dureza daquelas décadas, a nosa lírica produciu algun dos poemas máis fermosos da historia da literatura galega. Aquí deixamos versións musicadas dalgúns destes textos, de Celso Emilio Ferreiro, Antón Tovar ou Xosé María Díaz Castro. Versos que cobran vida coa música, revelando emocións e reflexións que seguen a emocionarnos hoxe. Unha viaxe sonora pola poesía que marcou unha xeración.
«Irmaus», Longa noite e pedra (1962). Celso Emilio Ferreiro
Musicado por Fuxan os Ventos
«Longa noite de pedra», Longa noite e pedra (1962). Celso Emilio Ferreiro
Musicado por Astarot
«Penélope», Nimbos (1961). Xosé María Díaz Castro
Musicado por A Quenlla
Ningún comentario:
Publicar un comentario