xoves, 14 de maio de 2026

17 de maio para Begoña Caamaño

Un ano máis estamos coa gran festas das Letras Galegas. Nesta ocasión, de novo, con protagonismo feminino: a viguesa Begoña Caamaño (1964-2014). A pesar de falecer moi nova, Begoña foi unha das voces con máis forza das nosas letras neste comezo do século XXI. Narradora, xornalista, activista de diferentes causas..., a súa figura ben merece a homenaxe colectiva que supón o Día das Letras Galegas.

Para coñecela mellor, aquí tes este breve vídeo.

Se queres aprender máis sobre Begoña Caamaño (con actividades, xogos...), pode serche de axuda esta ligazón ou estoutra.

E, por último, un clásico por estas datas: o autodefinido Begoña Caamaño. Anímate a resolvelo, se o fas con axuda, incluso mellor.




Ningún comentario:

Publicar un comentario