Rap é regueifa non son o mesmo, mais teñen moitas cousas en común: tradición oral, habilidade na improvisación, os duelos dialécticos, a retranca e o sentido satírico...
Hoxe un reto que non é doado. Intenta cantar, ben un rap, ben unha regueifa. O mellor é facelo en parella, coma se fose unha «pelexa de galos». Veña, sen medo nin vergonza!
• Podedes preparar o texto antes e ensaialo ou, se vos vedes capaces, facelo directamente improvisando.• Unha boa opción é creardes estrofas semellantes ás coplas: catro versos de arte menor, coa rima asonante ou consonante, só nos pares.• Se queredes, observade ben este exemplo de dous dos nosos campións regueifeiros: Alba María e Benito Lobariñas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario