As cantigas de escarnio e maldicir son aquelas que buscan facer rir a través da sátira. Os tratados de poética medieval diferenciaban entre:
Cantigas de escarnio. Son aquelas que conteñen unha sátira encuberta baixo dobres sentidos, xogos de palabras, equívocos, metáforas, eufemismos... Normalmente non se identifica a persoa satirizada.
Este tipo de cantigas adoitan presentar recursos como o equívoco e a ironía:
- Equívoco: baséase en xogar co dobre sentido das palabras.
- Ironía: consiste en dicir o contrario do que se quere dar a entender.







