Amosando publicacións coa etiqueta adverbio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta adverbio. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de abril de 2020

O adverbio [2]

Unha das dificultades cos adverbios é o mal uso que facemos deles por influencia do castelán. Aquí tes tres episodios do espazo «Dígocho eu» con consellos para usar correctamente os adverbios maisademaissi.




Lembra que tamén debes evitar erros frecuentes como estes, por interferencia do castelán:


E lembra tamén que hai unha chea de adverbios exclusivos do galego que convén coñecer e empregar. Por exemplo: 
algures (‘nalgunha parte’)
ningures (‘en ningunha parte’)
alén (‘máis alá, máis lonxe’)
antano (‘en tempos antigos’)
hogano (‘na actualidade’)
asemade (‘simultaneamente’)
á mantenta (‘a proposito, adrede’)
ao chou (‘aleatoriamente’)
decote (‘a diario, acotío’)
arreo (‘ininterrompidamente’)
abondo, dabondo (‘en cantidade suficiente’)
abofé (‘con certeza’)


mércores, 15 de abril de 2020

O adverbio [1]


Avanzamos hoxe un chisco na materia. Se vas ás páxs. 260 e 261 do teu libro de texto, atoparás o apartado de gramática correspondente a unha nova clase de palabra: o adverbio. Le estas páxinas con calma.
O adverbio é a clase de palabra (normalmente invariable) que modifica un verbo, un adxectivo, outro adverbio e mesmo unha oración enteira, expresando circunstancia de lugar (aquí, ...), tempo (agoramañá...), modo (benamodo...), cantidade (abondomáis...), afirmación  (siabofé...), negación  (nontampouco...), dúbida  (seicatalvez...)...
A locución adverbial é a combinación de dúas ou máis palabras que equivalen a un adverbio: Conseguín as entradas gratis (adverbio) = Conseguín as entradas de balde (loc. adverbial)
E importante que repares no esquema que o libro che ofrece clasificación semántica dos tipos de adverbios e locucións adverbiais (con exemplos): de lugar, de tempo, de modo...

Por último, aquí, aquí, aquí e aquí tes unhas actividades en liña para practicares o adverbio (todas coas súas solucións).