Xa estamos no día 20 de 21DEG. «O reto» hoxe: xogar con adiviñas. Aquí che damos seis pezas. Tes que gravarte en dúas fases:
a) Le as adiviñas en voz alta e intenta ofrecer a súa solución. Pon a cabeciña a traballar!
Adiviña 1
Quen me mira e me desfai,
ha de chorar máis por min
que chorou pola súa nai.
A cebola
Adiviña 2
Cae da torre embaixo e non rompe,
e cae dunha ponte e rompe.
O papel
Adiviña 3
Que será unha cousiña, cousa,
que entra por onde non entra un leirón
e garda a casa coma un león?
A chave
Adiviña 4
Teño follas sen ser árbore,
fáloche e non teño voz;
se me abren non me queixo,
adiviña ti quen son.
O libro
Adiviña 5
Que animal é
o que anda cos pés na cabeza?
O piollo
Adiviña 6
Se queres saber de min
estou no medio do mar;
non son peixe, non son illa
e tampouco sei navegar.
A letra «a»
Ollo! Se ves que algunha se che resiste, pasando o cursor pola zona en branco debaixo cada adiviña atoparás as solucions.b) A segunda parte do reto, aproveitando que estamos en fin de semana, debe facerse en familia. Grávate recitándolles as adiviñas túa nai, a teu pai, a un avó ou avoa, a un irmán ou irmá... Grava tamén as súas respostas (sexan correctas ou non).
Xa sabes, todo nun mínimo de 3 minutos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario