Hoxe, día 9 dos 21DEG, toca un «Como che vai?». Mais, coma sempre, propoñemos un tema alternativo para que fales e poidas completar sen problemas o mínimo de 3 minutos. Hoxe toca a música.
Seguro que no teu tempo de lecer aproveitas para escoitar algo de música. Se cadra, non consomes moita música en galego. Sempre vén ben coñecer cantantes e grupos novos e, en galego, podes atopar música de todos os estilos e gustos. Aquí vai unha pequena mostra: desde o noise rock de Telephones Rouges ao trap de Boyanka Kostova; desde o pop de garaxe de Esposa aos ritmos latinos e blues de Sés; desde o rock alternativo de Ataque Escampe ao pop indie de Guadi Galego.
Telephones Rouges
Boyanka Kostova
Esposa
Sés
Ataque Escampe
Guadi Galego
Agora sóltate e a falar! Como é habitual, propoñémosche algunhas cuestións:
— Que tal vas co galego? Con quen adoitas falalo máis tempo? Cos compañeiros? Coa familia?— Coñeces os músicos anteriores? Cal che gusta máis? Cal menos? Por que?
— Veste con ánimos para chegar ao final? Por que?
— Adoitas escoitar música? En que momentos?
— Cales son os teus gustos musicais?
— Escoitas algo de música en galego? Por que?— Se cadra non é o teu caso, mais por que cres que en xeral se escoita moita máis música en inglés ou en castelán ca en galego?
Ningún comentario:
Publicar un comentario