Xa sabes que os poemas adoitan estruturarse en estrofas. A estrofa é unha serie de versos agrupados que comparten unha medida e un esquema de rima. As estrofas máis sinxelas son: o pareado, a tercetiña, a cuarteta, a redondilla e a copla.
Tendo en conta os exemplos anteriores, copia estas estrofas e analiza a súa medida e a súa rima. Indica despois a que tipo corresponde cada unha.
Cando penso que te fuches,negra sombra que me asombras,ó pé dos meus cabezalestornas facéndome mofa.Rosalía de Castro
Mes de Xaneiro.Vai frío.Tremen as arbres despidas.A lúa chove no río.Aquilino Iglesia Alvariño
As cousas vanse aledandopor onde o meu carro pasa.¡Carrétame herba pró gando!¡Traime a colleita pra casa!Manuel María