Unha magnífica nova! O esforzo realizado o curso pasado na actividade «21 Días En Galego» tivo a unha merecida recompensa cun recoñecemento inesperado: o premio á «Investigación sobre a nosa fala» outorgado pola Asociación Xermolos a todos e cada un dos rapaces de 3ESO participantes na experiencia: Eva Castro, Miguel Fornís, Antía García, Nerea Gende, Lía L. Pombo, Masiell de Matos, Andrés Molinelli, Marta Obarrio, Diego Oreona, Alejandro Ramos, Ánder Renedo e Carlota Vázquez.
Igualmente obtivo un galardón o noso compañeiro de Bacharelato Diego Pampín na categoría de «vídeo-documental» pola edición do vídeo que resumiu eses «21 Días en Galego» e que podedes ver aquí.
A entrega dos premios tivo lugar o pasado 6 de agosto no Festival de Pardiñas. Alí acudiron moitos dos rapaces coas súas familias e gozaron, tamén, do bo ambiente do Festival. Un agradecemento especial para todos eles!
O premio anima a repetir a experiencia este novo curso.