O acento diacrítico utilízase, sen ter en conta as regras xerais de acentuación, para diferenciar na escrita dúas palabras que se escriben igual pero teñen distinto significado e tamén se pronuncian de xeito diferente.
A miúdo úsase o til diacrítico para diferenciar unha palabra con «o» ou «e» abertos fronte aos pechados:
óso [‘ɔso] ‘parte do esqueleto’ / oso [‘oso] ‘animal plantígrado’.
Ou tamén para distinguir palabras tónicas fronte a átonas:
é [‘e] ‘verbo «ser»’ / e [e] ‘conxunción copulativa’
Estas son algunhas das palabras que en galego levan acento diacrítico:
Se unha palabra leva acento diacrítico debe mantelo aínda que se escriba unida a outra palabra, así:É o que hai / Éche o que hai