Día 1 de 21DEG 2021! Comezamos! En cada edición, como sabes, tivemos a sorte de contar con diferentes padriños ou madriñas. Este ano a mensaxe de felicitación e de ánimo vén de parte de María Solar, presentadora de televisión e autora de Os nenos da varíola.
Nos días impares toca contar «Como che vai?». Así que hoxe, ao rematares o día, grava un vídeo de polo menos 3 minutos explicando como vai a experiencia. Se ves que non che é fácil, podes responder estas preguntas:
— Que che pareceu a mensaxe de ánimo de María Solar?— Comezaches con gañas a experiencia? Veste con ánimo de chegar ao final?— Xa sabes que é unha actividade voluntaria. Por que te animaches a participar?— Conseguiches falar hoxe moito tempo en galego?— Como te sentiches? Pensaches moito no «que dirán»? Fréate o medo aos erros?— Como reaccionou a xente ao teu arredor?
Ningún comentario:
Publicar un comentario