luns, 15 de xuño de 2020

Repaso xeral cun Pasapalabras

Isto está rematando. O curso 2019-2020 está xa nas últimas. A ver se todos podemos pasar un bo verán cunha desescalada sen sobresaltos! E as pilas cargadas en setembro!

De momento, para facer un repaso xeral de todos os contidos (Gramática, Lingua e Sociedade, Literatura...) propoñémosche xogar con este Pasapalabras feito na casa. Adiante!, xa fixeches un parecido! Contesta por escrito letra a letra. Se na primeira rolda che quedan preguntas sen resolver, podes seguir dándolle voltas ao rosco ata que remates.



Cando finalices, faille unha foto ou pantallazo aos teus resultados e envíamos por MOODLE

Ningún comentario:

Publicar un comentario