Continuamos co repaso da análise morfolóxica. Lembra, consiste en descompoñer unha palabra identificando a estrutura que a forma. Debes reler o apartado 4.2 O nivel morfolóxico: palabras e morfemas (páx. 18 do teu libro). Aí poderás ver os distintos tipos de morfemas que poden constituír unha palabra.
subxacentes = sub- [MDP] + -xac- [L] + -ente- [MDS] + -s [MFN]
Agora, a actividade. Aquí podes descargar un PDF cunhas palabras para analizar. Hoxe tócache só as 10 últimas (de «moitos» a «portugueses»).
a) Podes facelo directamente sobre o papel, se consegues imprimir o PDF (e mándasme unha foto por MOODLE).
b) Podes escribir as análises directamente no cadro de texto da actividade en MOODLE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario