mércores, 3 de xuño de 2020

Formación de palabras



Nas páxinas 181, 203, 227 e 249 do teu libro tes recadros que che explican cales son os procesos básicos de formación de palabras: derivación, composición e parasíntese. Le estes apartados.

Este sería un resume básico:
As palabras simples son as que só están formadas por un lexema [L] e mais morfemas flexivos [MFX/MFN]: gatorápida, patacas...

gato = gat- [L] + -o [MFX]
As palabras derivadas fórmanse engadindo a unha palabra simple morfemas derivativos prefixos [MDP] ou sufixos [MDS]: portuguesesxornalista, inútil...

portugueses = portugu- [L] + -es- [MDS] + -es [MFN]
As palabras compostas son aquelas nas que se produce a unión de dous lexemas [L] e, ás veces, os correspondentes morfemas flexivos [MFX/MFN]: xordomudas, beirarrúas, benvida...

xordomudas = xordo- [L] + -mud- [L] + -a- [MFX] -s [MFN]
As palabras parasintéticas son as que están formadas de dous xeitos diferentes:
a) As que posúen prefixación e derivación simultáneas: descamisar, entristecer... Non deben ser confundidas con palabras derivadas porque, se eliminamos prefixo ou sufixo, ningunha das voces ten sentido: *descamisa, *camisar.

descamisar = des- [MDP] + -camis- [L] + -ar [MDS]
b) As que xorden polos procedementos combinados de composición e derivación (sufixos): norteafricano, paraugueiro, setemesiño...
norteafricano = norte- [L] + -afric- [L] + -an- [MDS] + -o [MFX]
Tendo en conta o anterior, resolve esta actividade interactiva

Ningún comentario:

Publicar un comentario