Estamos rematando! Hoxe, día 20 de 21DEG, «O reto» é un xogo de lingua oral que repetimos todos os anos: «Nin si, nin non». Xa sabedes, un enredo divertido para xogar en parellas. Por susposto, debedes gravalo en vídeo.
—Xúntate con alguén, preferiblemente, un compañeiro/a de «21 Días En Galego».—Un de vós fai preguntas e o outro responde.—Poden ser de calquera tema. A única norma fundamental é que non se pode reponder nin «si» nin «non». E tampouco permanecer en silencio, obviamente.—Cando se diga «si» ou «non», pérdese e trócanse os papeis. Quen preguntaba, responde; e quen respondía, pregunta.—Así sucesivamente ata cumprir os 3 minutos. Gravade o xogo sen cortes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario