En cada zona de Galicia, a xente fala o galego ao seu xeito. Son as variedades dialectais.
Aínda que exista unha variedade común estándar, ningún trazo dialectal é incorrecto: nin a gheada, nin o seseo... Deseguido, tedes un vídeo da rapazada do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, no sur de Pontevedra, con Portugal ao outro lado do Miño. Estes participantes no 21 Días co galego e + cóntannos, dun xeito ben ameno, como é o galego de seu.
E xa sabes, como eles din, «ningún galego é malo, só o que non se fala»!
Hoxe toca falar. Imos co «Como che vai?».
—Que fixeches durante o día de hoxe? E que tal o teu galego?—Falan teus pais ou avós habitualmente galego? E ti con eles?—Proceden eles doutras zonas de Galicia? De onde?—Notas ti diferenzas entre o galego deses lugares e o da Coruña? Son na forma de pronunciar? No vocabulario? Podes dar exemplos? Se cadra, poden axudarche a responder teus pais ou avós.—Que che pareceu o vídeo dos estudantes de Tomiño? Que aspectos che resultaron máis interesantes ou curiosos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario