Hoxe, día 12 de 21DEG, toca «O reto». Propoñémosche un clásico: xogar ás «Palabras encadeadas». Xa sabes:
• Dous ou máis participantes din por quendas unha palabra que comece pola derradeira sílaba doutra proposta antes. Por exemplo: xarope - pereira - raposo...
• Un dos participantes perde cando é incapaz de nomear unha palabra nova ou repite outra xa usada.
• Lembra, ademais, que só serán validas as palabras galegas correctas, é dicir, quen use algún castelanismo (*calle, *conexo, *lexos...) perde.
Busca un intre para poder facer o xogo cos amigos ou coa familia e grávalo. Repetídeo as veces que vos pete.
A pasalo ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario