Hoxe toca darlle un repaso á análise morfolóxica. Lembra, consiste en descompoñer unha palabra identificando a estrutura que a forma.
Dálle unha lectura ao apartado 4.2 O nivel morfolóxico: palabras e morfemas (páx. 18 do teu libro). Aí poderás ver os distintos tipos de morfemas que poden constituír unha palabra.
betanceiros = bentanc- [L] + -eir- [MDS] + -o- [MFX] + -s [MFN]
Agora, a actividade. Aquí podes descargar un PDF cunhas palabras para analizar. Hoxe tócache só as 9 primeiras (de «bilingüismo» a «rapaciñas»).
a) Podes facelo directamente sobre o papel, se consegues imprimir o PDF (e mándasme unha foto por MOODLE).
b) Podes escribir as análises directamente no cadro de texto da actividade en MOODLE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario