Hoxe continuamos co repaso de ortografía. Concretamente, repasamos o uso do «h». No teu libro, debes reler a páxina 93. Aí tes as regras básicas de uso do «h».
Lembra que tamén neste caso hai moitas palabras con «h» (ou sen ela) que non se axustan a ninguna regra, senón que conteñen (ou non) esta letra por razóns etimolóxicas. Por exemplo:
Do latín HARMONÍA > harmonía
Do latín ÚMERO > ombro
Deseguido, toca facer algo de práctica. Fai clic aquí, aquí e aquí e resolve estas actividades (que che ofrecen as solucións ao rematalas).
E atento/a a MOODLE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario