mércores, 22 de abril de 2020

A conxunción


A conxunción é a clase de palabra (invariable) que pode relacionar palabras mais tamén pode relacionar oracións.

Xoán e Helena                   Xoán xoga ao xadrez e Helena le unha novela.

As conxuncións clasifícanse en:
Coordinantes (relacionan unidades ao mesmo nivel): Paulo fala e María escoita. 
Subordinantes (relacionan unidades a distinto nivel): Paulo dixo que vai chover.
Ollo con estes erros frecuentes coas conxuncións!
*a penas: apenas
*a pesares de que: a pesar de que
*anque: aínda que
aínda cando
*asegún: segundo, conforme
, consonte
*donde: onde
*e máis: e mais
*i: e
*mentras que: mentres que
*millor: mellor
*mismamente: mesmamente
*nen: nin
*o mismo que: o mesmo que
*según: segundo
conformeconsonte
*sen/sin embargo: non obstante
con todo
*si: se
Hoxe, como tarefa, simplemente ler o apartado do teu libro referido á conxunción (páx. 263) e facer o exercicio 1 desta ligazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario