Como sabedes, un dos traballos voluntarios en 3ESO para este terceiro trimestre é «21 Días En Galego». Os pioneiros neste proxecto foron rapaces e rapazas do IES da Pobra do Caramiñal, que xa levan catro anos participando. Conscientes de que moitos de vós non tedes o galego como lingua habitual e seguindo o ronsel do alumnado do instituto da Pobra, convidámovos a desenvolver en galego a vosa vida cotiá (na casa, no centro, na rúa...) durante 21 días e valorar esa experiencia.
Lembrade que perseguimos dous obxectivos principais:
Lembrade que perseguimos dous obxectivos principais:
• Mellorar a nosa expresión oral.
• Provocar a reflexión persoal sobre a nosa relación co idioma galego.
Como seguimento diario, propoñémosvos actividades orais de dous tipos, que serán necesariamente gravadas en vídeo.
Moitos de vós xa anunciastes que iades participar... e mañá comezamos! Unha última axuda: a curtametraxe que María e Antía (dúas alumnas do Fogar) fixeron no 2014 a partir do relato «Instrucciones para aprender a hablar gallego», de Made in Galiza de Séchu Sende.
Seguro que algún consello pode servos útil! Ánimo!
— «Como che vai?» (días impares). Consiste en facer unha gravación, cun mínimo de 3 minutos de duración, comentando como levades a experiencia: sensacións, dificultades do día a día, reaccións dos que vos rodean (se vos axudan, se vos cuestionan...)Día a día iremos dando as instrucións necesarias sobre estas actividades aquí, en Achaveeomundo, e as vosas gravacións serán recollidas semanalmente.
— «O reto» (días pares). Tamén mediante unha gravación dun mínimo de 3 minutos, debedes de contestar oralmente a tarefa que se vos propoña: reflexionar sobre un tema, entrevistar unha terceira persoa, comentar un libro, pronunciar uns trabalinguas...
Moitos de vós xa anunciastes que iades participar... e mañá comezamos! Unha última axuda: a curtametraxe que María e Antía (dúas alumnas do Fogar) fixeron no 2014 a partir do relato «Instrucciones para aprender a hablar gallego», de Made in Galiza de Séchu Sende.
Seguro que algún consello pode servos útil! Ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario