Co día de hoxe xa van sete: unha semaniña de 21 Días En Galego [21 DEG]! De novo, tócache contarnos «Como che vai?». Antes de gravar o teu vídeo, escoita esta charla da xornalista coruñesa Belén Regueira. Ela é unha «neofalante»: xa sabes, unha persoa que comeza a expresarse nunha nova lingua. Como descubrirás na súa exposición, Belén ata a mocidade só falaba castelán e despois comezou a falar galego.
Grava o teu vídeo, de polo menos tres minutos, comentando cuestións como estas:
—Que tal levaches a semana?
—Vas falando cada vez máis galego? Ou non?
—Sénteste máis cómodo agora que ao principio?
—Segues con gañas de continuar?
—Que opinas da charla de Belén Regueira?
—Percibes algún paralelismo co que ela conta?
Ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario