Día 15 dos 21 DEG! Arriba tedes un grupo de alumnos e alumnas do instituto Vicente Cañada Blanch, de Londres, facendo un traballo en vídeo sobre Sir John Moore, heroe na loita contra Napoleón morto e soterrado na Coruña. Uns son galegos nados en Galicia. Outros son galegos nados en Londres. E outros queren saber máis de Galicia.
Para descubrir o que eles senten desde Londres polo galego, velaí vai estroutro vídeo.
E agora, cóntanos «Como che vai?». Para que non che resulte monótono, xa sabes que imos variando un chisco as preguntas:
—Como o levaches hoxe?—Algún momento ou anécdota que che gustaría comentar?—Segues con gañas de continuar?—Que opinión che merecen os vídeos anteriores?—Gustaríache viaxar para aprender novos idiomas?—Cres que falar galego é un obstáculo nun mundo multicultural?
Ningún comentario:
Publicar un comentario