Hoxe, día 17 de 21DEG, toca un «Como che vai?». Para evitar preguntas e respostas repetitivas, ofrecémosche temas de conversa complementarios.
Un dos prexuízos lingüísticos máis difundidos é o da suposta «imposición do galego». É curioso que esta idea teña aceptación entre algunhas persoas cando moitos/as de vós xa tedes comentado que sendo galegofalantes de pequenos, a presión na escola fixo que vos instalásedes no castelán ata hoxe. Pero hai moitos outros datos, como vemos deseguido, que tirán abaixo esa falsa idea da «imposición do galego».
Son moitos os prezuízos que afectan á nosa lingua («a imposición do galego», «o galego íllanos ou limítanos», «o galego é de pailáns», «o galego non paga a mena porque é minoritario»....). Todos actúan como freos da recuperación do prestixio e dos usos dun idioma. Aquí tedes unhas pezas de humor gráfico coas que o debuxante Luís Davila pretende denunciar e criticar algúns deses prexuízos.
1
2
3
4
5
Imos agora coas túas reflexións do «Como che vai?»:
—Como o levaches hoxe? Ves evolución no teu galego?—Máis alá do punto que supón na avaliación, que cousas positivas ves en 21DEG?—Como ves a implicación no proxecto 21DEG entre os teus compañeiros e compañeiras?—Podes comentar agora os diferentes chistes de Luís Davila? Que cres que pretende expresar cada un?
Ningún comentario:
Publicar un comentario