Hoxe toca falar de Youtube e de «youtubeiros/as»; si, os youtubers de noso. Deseguido, dous vídeos para presentarvos un par de canles imprescindibles: PradoRúa (de María Prado) e O son das ideas (de Darío Lago). Se ademais vos gustan As bólas do dragón ou Shin Chan, non podedes perdelos.
A listaxe de Vlogs de Youtube en galego que, se cadra, vos poderían interesar, é moi ampla. Aquí vos queda unha pequena selección.
• PradoRúa (educación, literatura, moda, maquillaxe, tendencias...)
• O Son das Ideas (física, divulgación científica...)
• O jato kósmiko (cultura, lingua, fútbol, videoxogos...)
• Nubes baixo ti (libros, música, series de TV, fotografía...)
• Un rapá transquilo FTM (lingua, cultura, transfeminismo...)
• Naturiza (natureza, ecoloxía...)
• Non vale furar (fútbol galego)
• CousasRarismASMR (ASMR e outras cousas raras)
Vale, agora imos xa co «Como che vai». A falar, con sinceridade, cando menos 3 minutos.
— Como o levas? Algunha anécdota que contar?
— Imaxinabas antes de comezar 21DEG que sería así? Que expectativas tiñas? Estás contento/a de participar? Por que?— Que che parecen os vídeos de arriba?— Consomes moito Youtube? Que tipo de contidos visualizas? Por que?— Coñecías algún dos «youtubeiros/as» que se mencionan arriba? Se botaches unha ollada, cal cres que che interesa máis? Por que?— Imaxínaste como «youtubeiro/a»? Por que? Que tipo de contidos abordarías?
Ningún comentario:
Publicar un comentario