Hoxe, a xeito de repaso, un sinxelo e divertido Breakout educativo: xa sabedes, un deses xogos derivados dos populares Escape Rooms nos que hai que superar unhas probas para conseguir abrir o cadeado final e liberarse.
Neste caso coñecerás o shériff Suso Portela, que vén desde terras moi afastadas. Para conseguirlle o billete de volta ao lugar do que nunca debeu saír, debes poñer a proba os teus coñecementos sobre os verbos en galego.
Repasa o estudado sobre o verbo e adiante! Iso si, debes ter en conta que nesta actividade se emprega a denominación tradicional dos tempos verbais.
INDICATIVO
(ando) presente = presente
(andei) pretérito = pretérito perfecto
(andarei) futuro = futuro
(andara) antepretérito = pretérito pluscuamperfecto
(andaba) copretérito = pretérito imperfecto
(andaría) pospretérito = condicional
SUBXUNTIVO
(ande) presente = presente
(andase) pretérito = pretérito imperfecto
(andar) futuro = futuro
Tendo en conta isto, a xogar! Observa os vídeos, segue os pasos e resolve as probas. Se o fas ben, conseguiras o código completo que abre o cadeado final. Non é necesario que envíes nada a MOODLE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario