Rapazas, rapaces, unha última entrada no blog para despedirmos o curso 2019-2020. Este terceiro e último trimestre foi moi estraño e complicado para todos. Espero de verdade que pasedes un bo verán e que teñades a oportunidade de desconectar e de cargar as pilas cara ao curso que vén.
E para ver se despedimos tamén a pandemia cun chisquiño de humor, déixovos o temazo «Oles moito a xel!» de Paramo Pictures, parodiando o «All the things she said» de Tatu.
Vémonos en setembro! Coidádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario