Festa rachada! Hoxe chegamos ao día 21 dos 21 DEG!
Fosen cales fosen as túas motivacións, o importante era falar máis en galego para mellorar a túa expresión oral e tamén que a experiencia che servise para reflexionar sobre unha chea de conceptos que estamos a estudar este curso.
Fixéchelo de marabilla! Estás oficialmente «titulado/a» no proxecto 21 Días En Galego!
Fixéchelo de marabilla! Estás oficialmente «titulado/a» no proxecto 21 Días En Galego!
Só resta que nos contes, por última vez, «Como che vai?» Podes dar resposta a estas cuestións:
—Como o levaches hoxe?
—Como ves a evolución da túa expresión oral?
—Como te sentes despois de completar o día 21?
—Que retos dos propostos che gustaron máis? Cales menos? Algunha suxestión?
—Se a experiencia se fixese de novo o curso que vén, repetirías? Por que?
Parabéns! E, xa sabes, presumamos con orgullo de todo o bo que temos. Presumamos do galego!
Ningún comentario:
Publicar un comentario