Último reto de 21DEG! Para quen non saiba, o protagonista da entrevista anterior é o cinco veces campión do mundo de triatlón, o ferrolán Javier Gómez Noya. Aínda que é algo obvio, sempre resulta útil ver un exemplo de como ser galegofalante non é un obstáculo para triunfar polo mundo adiante.
O reto de hoxe consiste en faceres unha entrevista oral en video. É domingo, daquela, se cadra, tes máis tempo e máis posibilidades para escolleres a persoa que che interese. Pode ser un familiar, un amigo/a, un coñecido/a (de ser posible, galegofalante, claro). Podes enfocar a entrevista ao teu gusto: preguntarlle polo seu traballo, pola súa infancia, polas súas afeccións, polo idioma... Como ti vexas?
Preparares un guión previo pode ser útil. Presenta esa persoa e procura que a conversa sexa fluída. Xa sabes: tres minutos mínimo.
Ánimo e adiante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario