Hoxe, venres 11 de abril, realizamos o segundo encontro entre autores e alumnado neste curso 2024-25. Un contexto no que se respiraba literatura: alumnos e alumnas de literatura de 2º de Bacharelato, os profesores de Literatura Castelá, Inés Sixto, de Literatura Galega, Pablo Quintá; e Ledicia Costas, unha das escritoras máis lidas e galardoadas do panorama literario galego.
Foi o colofón perfecto para un curso tan intenso de coñecemento da historia da literatura e de lectura de varias obras.
Nesta ocasión, o alumnado viña de realizar a lectura de dous dos seus grandes libros: Golpes de luz e Pel de cordeiro.
Na sesión produciuse un fluído diálogo entre a escritora e os seus lectores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario