Nas primeiras décadas do século XX xorden en Europa as vangardas, movementos artísticos que realizan unha renovación radical da estética: rompen co tradicional e crean novas formas e linguaxes. Noutras palabras, comparten un afán de ruptura con todo o anterior, unha actitude provocativa que se aplica a todos os campos estéticos: pintura, escultura, música, literatura... Non conciben a arte como imitación da realidade, senón como nova interpretación persoal desta.
Algúns dos movementos de vangarda internacionais foron: o futurismo (que exalta o mundo moderno e industrial), o surrealismo (manifestacións do subconsciente, soños ou delirios), o cubismo (descompón xeométricamente a realidade) ou o creacionismo (non imita a realidade, crea unha realidade nova).
Para coñecerdes mellor como se desenvolveron as vangardas galegas deixámosche aquí dous recursos ben útiles.
O primeiro, o blog «As vangardas», creado pola profesora Pilar Ponte.
O segundo, un vídeo de Nee Barros, coñecida en youtube co pseudónimo de neeumátiko. Por certo, a súa canle pode serche de interese, pois ten máis vídeos nos que fala de contidos lingüísticos e literarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario