Paulina Ceremuzynska é polaca e fala galego, e moi ben, por certo. Aprendeuno na súa universidade de Varsovia, levada pola paixón que sentía pola nosa poesía e pola nosa música medieval.
Hai 700 anos todos os galegos falaban galego e mozos e mozas de toda a Península Ibérica cantaban cancións de amor e desamor na nosa lingua. Hoxe, en troques, sorprende ver como persoas de diferentes lugares do mundo aprenden a nosa lingua (como podedes ver aquí), mentres moitos galegos non a falan.
Toca agora un «Como che vai?». Podes guiarte con estas cuestións:
—Como levas a experiencia dos 21DEG? Falas galego de forma máis fluída?
—Que prefires: os días de «Como che vai?» ou de «O reto»? Por que?
—Que opinas de que Paulina Ceremuzynska aprendese a nosa lingua?
—Que che resulta máis interesante do que ela comenta?
—Sabías que centos de estudantes estranxeiros aprenden galego todos os veráns en Santiago? Que che fai pensar isto se tes en conta a relación de moitos galegos coa nosa propia lingua?
Ningún comentario:
Publicar un comentario