Hoxe, venres, propoñemos un xogo en grupo. Podes organizalo con familiares ou con amigos/as. Como mellor che veña.
Trátase de imitar o «Que me estás contando?» de Land Rober. Se non sabes en que consiste, bótalle unha ollada a este vídeo.
Formade un grupo de tres membros. Cada participante anota nun papel unha palabra (que non deben coñecer os compañeiros). Logo preparádevos para gravar o xogo seguindo estas pautas:
• Un de vós amosa o seu papel á cámara (sen que os demais o vexan) e comezará a explicar mediante acenos e xestos esa palabra.• Os outros dous, como no programa Land Rober, deben adiviñala. Gaña o primeiro en conseguilo.• O proceso repítese repartindo por quendas os papeis de «mimo» e de «adiviñadores».
Cando rematedes con esas tres palabras, podedes repetir o xogo con outras, se vos apetece.
Ningún comentario:
Publicar un comentario