Dúas mozas, Alba e Henar, cóntannos a súa «historia co galego». Estas dúas youtubers son das aldeas do Bierzo leonés, próximo a Galicia. Lingüisticamente, como sabes, este é territorio de fala galega. E aquí as tes, falando galego con orgullo e sen medo aos erros.
Coñécense estas falas como «galego exterior», que se distribúe xeograficamente en:
Terra Eo-Navia (Asturias), arredor de 40.000 persoas
O Bierzo baixo (León) arredor de 30.000 a 35.000 persoas
As Portelas (Zamora), arredor de 1.000 persoas
Val do Ellas (Cáceres), arredor de 4.500 persoas

Hoxe toca «Como che vai?», isto é, debes gravar un vídeo de polo menos 3 minutos de forma libre imitando a Alba e a Henar. Poderás responder estas posibles preguntas:
—Que fixeches durante o día?E outro logo máis.
—Conseguiches falar en galego todo o tempo? Ou só por momentos?
—Que dificultades atopaches?
—Que pensas do que contan Alba e Henar, estas dúas mozas da zona de León de fala galega?
—Por que cres que non coinciden as fronteiras administrativas e as lingüísticas?
—Cal é a túa «historia co galego»? Aprendíchelo na casa ou na escola? Fálalo con frecuencia?
—Cal é a «historia co galego» dos que te rodean? Podes preguntarllelo e gravar as súas respostas?
Berta Nolasco Cortiñas, 3ESOB
Ningún comentario:
Publicar un comentario