Estamos xa no 2017! O Día das Letras deste ano homenaxearemos a Carlos Casares Mouriño (1941-2002), un autor de gran talento literario que destacou especialmente pola súa obra narrativa: Vento ferido (1967), Xoguetes para un tempo prohibido (1975), Ilustrísima (1980), Os escuros soños de Clío (1979), Os mortos daquel verán (1987)... Mais tamén por moitas outras facetas:
• Escribiu obras dedicadas aos máis pequenos: A galiña azul (1968), As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973)...• Foi o primeiro tradutor ao galego d’O principiño de Antoine de Saint-Exupéry. Obra que admiraba fondamente e da que posuía exemplares en máis de 60 linguas distintas.• Foi un prolífico coladorador en prensa. A súa columna de opinión «Á marxe», en La Voz de Galicia, mantivose activa desde 1992 ata o seu falecemento.• Foi director xeral da Editorial Galaxia.• Foi deputado, no ano 1981, no primeiro Parlamento Galego co PSdeG-PSOE.
Axiña volveremos con máis comentarios dedicados a este autor emblemático da nosa literatura da segunda metade do século XX. De momento, aquí deixamos este vídeo para coñecérmolo mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario