O pasado martes, 13 de decembro, o alumnado de 4 ESO e FPB2, logo da lectura do libro Europa Express, mantivo un encontro coa súa autora Andrea Maceiras. Durante o acto, a novelista coruñesa fixo unha presentación de audio e vídeo sobre os motivos da escrita da obra. Deseguido, estableceuse un coloquio co alumnado que lle formulou preguntas sobre a inspiración do libro, sobre algúns dos personaxes e sobre a súa profesión de escritora, entre outras. Finalmente, asinou e dedicou a obra aos alumnos e alumnas que se achegaron con cadanseu exemplar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario