E xa temos gañadora do reto de pangramas que convocamos hai unhas semanas: Eva Castro Vilaboy. Parabéns!
Un desafío ben doado que só pedía crear un microrrelato que incluíse as 23 letras do noso alfabeto. Canto máis breve, mellor; isto é, cantas menos letras contivese ese pangrama, máis mérito tería. Aquí quedan os recollidos (e completos), por orde decrecente:
O animal comeu figos e o humano Rodrigo comía cenorias e dicía que Paulo tiña un balón e comía queixo pero volvía á casa comendo zamburiñas cun xersei. (135 letras)
11. Marta Obarrio Cedeira, 3ESO-C
Onte fun xantar zorza e beber viño ao mesón do meu irmán Carlos porque era o aniversario de Helena e Guillerme. (90 letras)

10. Analía Lazarraga Lori, 3ESO-B
Exhausto da súa queixosa compañía, rebañou a última gota do seu infiel vaso de viño e marchou. Deixou alí os zapatos. (94 letras)

9. Iago Rodríguez Lodeiro, 3ESO-A
Sempre que o vexo come zamburiñas da facenda con galiña, despois anda uns quilómetros chans. (76 letras)

8. Carlota Vázquez Pereira, 3ESO-A
O vacante Gabriel comía unha pizza de catro queixos e un prato cheo de zamburiñas no faiado. (75 letras)

7. Miguel Rodríguez Rial, 3 ESO-A
As veces o sol fai que a xente moi preguiceira se zafe do que hai que facer e baixe coa lasaña. (74 letras)

6. Jorge Nolasco Cortiñas, 3ESO-B
O queixo que estaba agochado xunto as miñas zapatillas favoritas era vello e barato. (70 letras)

5. Julia Regueira Vázquez, 3 ESO-B
O xoves facemos boa limonada porque a túa caeu na herbiña ao golpeala co zapato. (65 letras)

4. Nerea Rodríguez García, 3 ESO-B
O ñu da praza de Santiago viu xogar a Marlo, que chocou co farol e coa árbore. (60 letras)

3. Iván Serrano Vázquez, 3ESO-C
Hoxe tiña para comer patacas con ovos, chourizo, figado e bloque de xeado. (59 letras)

2. Antía García Souto, 3ESO-B
Mañá xogaremos ao fútbol con Hugo porque vai vir durmir con Zaira. (54 letras)

1. Eva Castro Vilaboy, 3 ESO-B
O bolígrafo xa caeu e, estrañado, Sánchez esquivouno a tempo. (49 letras)

Ningún comentario:
Publicar un comentario