Velaí vai unha proposta lúdica e creativa para nos achegar á lingua. Non todo vai ser gramática, sociolingüística, ortografía... Convidámosvos a crear pangramas. E que demo é un pangrama?
Un pangrama (do grego pan- ‘totalidade’ e -gramma ‘letra’) é un texto que emprega todas as letras do alfabeto dun idioma. A súa finalidade é inicialmente práctica: ensaiar nun enunciado breve a escrita de todas as letras. Os pangramas máis chamativos son polo xeral os que usan o menor número de letras. Daquela, construír un pangrama que repita letras o menos posible resulta unha tarefa desafiante.
Aquí tedes un exemplo tirado da lingua inglesa, que conta cun abecedario de 26 letras:
The quick brown fox jumps over the lazy dog. («O rápido raposo marrón salta sobre o can preguiceiro») (35 letras)
O alfabeto galego consta de 23 letras:
A, B, C, D, E, F, G, H, I, L, M, N, O, P, Q, R, S, T, U, V, X, Z
Animádevos a crear pangramas orixinais co menor número de letras posible. Podedes empregar como axuda este xerador automático. Tanto ten que estea en inglés, só tedes que ir eliminando as 23 letras do noso abecedario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario