luns, 16 de xuño de 2014

Viva a diversidade!



Se che doe que o tigre de Bengala, o gorila de montaña ou a balea gris estean en perigo de extinción, se non aturas que os incendios devasten os nosos bosques, pois daquela deberías saber que cada ano 25 ou 30 linguas deixan de existir no planeta. A desaparición dunha especie animal ou vexetal é algo que afecta a toda a Humanidade, do mesmo xeito que tamén nos afecta a todos a perda de diversidade lingüística.

Esa é a base do ecolingüismo e do gran traballo de Gabriel Rodríguez Leva, Javier Castro Sánchez, Jorge Esteban Roca e José Javier de Matos Devesa, alumnos de 1º de Bacharelato. Unha peza audiovisual que busca fomentar o respecto pola diversidade lingüística, partindo da propia diversidade do Fogar. Eliana, Jim, Leila, Pablo, Vicente, Sara, Marlo, John, Kaito, Brando, Antía e moitos outros encargaránse de manter vivo ese valioso legado.

2 comentarios:

  1. Estupendo traballo chicos!! Moitas felicidades de parte de tódolos nenos de 4ªC (primaria) está xenial! E os nosos Jin e Marlo, guapísimos. Un saúdo, Silvia P.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas Grazas, Silvia. Jim e Marlo fixérono moi ben!!! Coa súa axuda e a dos demais compañeiros foi doado preparar ese traballo!!! Apertas

      Eliminar