martes, 30 de setembro de 2025

Prexuízos lingüísticos e discriminación


Ás veces, poderíase pensar que os prexuízos lingüísticos e a discriminación que deles se pode derivar é só unha cuestión teórica, que se recolle nos libros de texto ou en chistes gráficos. Máis o certo é que, por desgraza, afloran cada pouco tempo nos medios de comunicación.

 

E acaban concretándose en feitos reais que afectan á vida cotiá de moitos galegos. Vexamos só uns cantos exemplos tirados da prensa dos últimos anos.

Se queres como, hai uns anos, viviron en primeira persoa os prexuízos lingüísticos compañeiros e compañeiras do colexio durante a experiencia de 21 Días en Galego, aquí che deixamos este vídeo resumo da primeira edición. Foi unha grande experiencia normalizadora que, máis alá dos premios recibidos (1, 2...) resultou moi significativa para a rapazada do Fogar!

martes, 16 de setembro de 2025

Vogais medias semiabertas e semipechadas

           

Xa saberás que o sistema vocálico galego consta de sete vogais. Aquí cho explica Esther Estévez en Dígocho eu.

     

Se cadra, un dos trazos máis especiais do galego, especialmente para un neofalante, é a distinción entre vogais medias semiabertas e semipechadas.  Aquí che deixamos unhas breves pautas para distinguir o uso dunhas e doutras.

Vogais semiabertas   /ɛ/    /ɔ/

• En palabras con «e» ou «o» breves no latín: ferro, fero, festa, pedra, grego, nove, roda, óso, nora, soño...

• Diante consoante oclusiva trabante «p», «b», «t», «k»: heptagonal, obter, étnico, rectangulo, optimista, robot, octosílabo...

• Nas palabras rematadas en -elo/-ela, -encio/-encia, -enza, -osa, -ola-el, -ol e -oz: castelo, cadela, silencio, paciencia, crenzaxeitosapastel, papel, caracol, español. voz... Así como os seus plurais:  pasteis, papeis, caracois, españois...

• En palabras esdrúxulas (excecpción: cóbado) e en palabras graves con ditongo crecente na última sílaba (excepción: femia, premio, mediocodia): brétema, médico, inhóspita, lóxico, arteria, vivencia, croio, serodia... 

• Nos nomes das seguintes letras: e, o, efe, ele, eme, ene, eñe, erre e ese.

• Nos indefinidos alguén, ninguén, ren, cadaquén, quenquera, calquera, mesmo, certo...

• No interrogativo quen.

• Nos numerais cero, sete, nove, dez, cen...

• Na conxunción copulativa e, aínda sendo átona.

• Nas formas do posesivo noso, nosos, nosa, nosas.

Vogais semipechadas   /e/    /o/

• En palabras con «e» ou «o» longos no latín: cheo, tona, rede, todo, boca, collo...

• Diante das consoantes palatais «ch», «x», «ñ», «ll» (exc. vello): fecho, pexa, empeño, cortello...

• Nas palabras terminadas en -és/-esa-edo, -ez/-eza, -ello/-ella, -oso, -ón/-ona, -or: cangués, coruñesa, penedo, avareza, curioso, pasmón, mangallonacomedor...

• Palabras rematadas en -eo, -ea, -oa: feo, fea, alleo, allea, seo, area, leoa, boa, ladroacoroa...

Formando ditongos decrecentes: meu, eira, moito, ouro, touro, eito, moucho, noiva, eixe...

• Nos nomes das letras seguintes: be, ce, de, gue, pe, te, xe e zeta (ou ceta).

• Nos demostrativos este, esta, ese, esa, aquel, aqueles.

• Nos numerais tres, once, doce, trece, catorce.

Para afondar neste eido da fonética e da fonoloxía do galego, aquí tes tres recursos útiles.

Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega (da USC e do ILG)

Fonética e Fonoloxía do Galego (do lingüista Manuel Rosales Graña)

Sounds of Speech (da University of Iowa)