Todas as culturas do mundo teñen e tiveron os seus propios heroes: na Grecia clásica (Ulises), na Bretaña medieval (Rei Artur), en Castela (O Cid), en Escocia (William Wallace)... Ás veces, estes héroes estaban por riba dos humanos comúns e mesmo moitos deles eran semideuses.
En Galicia, a tradición popular tamén creou os nosos propios heroes que forxaron a historia desta terra. Un deles non loitou con bestas máxicas e era un simple mortal, mais foi quen de realizar unha xesta que podemos considerar imposible: enfrontouse aos deuses da súa época, os Reis Católicos, converténdose nun símbolo e nun dos personaxes máis míticos e lendarios de Galicia: Pedro Pardo de Cela.
Esta figura foi tan significativa para o pobo galego que conservamos dous textos escritos que contan a súa historia: un en verso, o Pranto da Frouxeira, e outro en prosa, Relazón da carta executoria. Ambos os dous de finais do século XV, unha época en que a literatura galega comezou a quedar fóra da expresión escrita e que coñecemos populamente como Séculos Escuros.
k k k k fdmkdkllmfkd
Ningún comentario:
Publicar un comentario